top of page
  • Black YouTube Icon
  • Black Instagram Icon

SEADA Quartet é un grupo formado por algúns dos xóvenes máis prometedores do panorama jazzístico galego: Lois Rivera, Martín Otero, Miguel Piñeiro e Esteban Lavigne .

 

Todos eles establecen unha relación durante os seus anos de estudo no Conservatorio Superior de Música da Coruña e comezan a participar xuntos en numerosas agrupacións. A idea deste grupo xorde a finais de 2023, cando se xuntaron coa intención de desenvolver as súas ideas e xerar unha estética representativa a partir dun repertorio no que cada un aporta as súas propias composicións e no que se escoita un son moderno, percibindo mostras dun amplo espectro musical, froito das diferentes visións de cada músico.

 

En xullo de 2024 actuaron no 47 Festival Internacional de Jazz de Getxo como un dos catro finalistas do Concurso de Grupos, sendo seleccionados entre máis de 100 grupos participantes de toda Europa.

© Lois Rivera 2024

  • Facebook - White Circle
  • YouTube - White Circle
  • Instagram - White Circle
bottom of page