
O LR Trio e LR Quartet son os dous proxectos que máis variaron ao longo dos anos.
Dende 2017, ano no que se presentaron ámbolos dous grupos, participaron moitos músicos do panorama jazzístico galego. Algúns deles son:
— Alber Grela (guitarra)
— Yago Vázquez, Iago Mouriño, Martín Otero (piano)
— Simón García, Alfonso Morán, Miguel Piñeiro, Pablo Patiño, Álex Touceda (contrabaixo)
— Miguel Cabana, Brais Villar, Antón Quintela, Esteban Lavigne (batería)
Con todos eles abordáronse diferentes ideas: dende repertorios unicamente de composicións propias, ata concertos de standards. Xa que, dependendo dos músicos cos que conte, o saxofonista busca experimentar coas inquietudes musicais que lle xorde disa formación e busca adaptarse ao que cada un deses membros aporta para crear o repertorio e sacar o máximo proveito do grupo.